Xabier Puente Docampo nace en Rábade (Lugo) o 5 de abril de 1946 e morre n’A Coruña o 26 de xuño de 2018 con 72 anos de idade. Foi mestre, escritor, contacontos e actor. Promoveu a lingua e a cultura galega, así como a lectura nas bibliotecas escolares. A súa infancia marcou a súa carreira literaria, pois estivo en contacto por medio dos seus pais coa literatura oral. Trasládase a Coruña para estudar bacharelato e maxisterio. Tras finalizar os seus estudos, tivo unha inminente inserción laboral, comezando así outra etapa na súa vida, a labor docente. A súa metodoloxía na aula estivo vinculada aos movementos de renovación pedagóxica, en concreto á asociación fundada en Santiago de Compostela en 1983: A Nova Escola Galega. Dentro da Nova Escola Galega participa na Revista Galega de Educación. Participa noutras revistas fora da Nova Escola Galega, como en “Fadamorgana”. Participa no proxecto “Preescolar na casa”, e estivo implicado na creación da Asociación Galega ...
Antía Cal Vázquez naceu o 18 de abril de 1923 na Habana, Cuba. Filla dunha familia de emigrantes orixinaría de Lugo, volve a Galicia con nove anos e, en 1941 empeza os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que xa sentía devoción pola profesión docente desde un inicio, este interese faise maior tras a unha viaxe a Xenebra que lle permitiu entrar en contacto coa metodoloxía de Pestalozzi, onde coñeceu a un catedrático que lle abriu os ollos sobre a importancia da educación infantil e púxoa en contacto cunha experta en educación da que tomou a idea da importancia da educación en inglés. Así, grazas a estas influenzas, en setembro de 1961 abriu o colexio Rosalía de Castro (medio de difusión progresista das novas tendencias pedagóxicas) no que se impartía unha educación laica, mixta, igualitaria e aberta. Esta escola tamén se caracteriza polo ensino en inglés e galego e a escolarización dos nenos e nenas na educación infantil. A maioría do ex...