Ir al contenido principal

Concepción Arenal Ponte


Concepción Arenal Ponte naceu o 30 de xaneiro de 1820 nun barrio de Ferrol e faleceu en 1893 en Vigo. 
O seu pai foi un liberalista que estivo en prisión por oporse ao réxime de Fernando VII, o que acelerou a súa morte. Isto provocou unha mala situación económica e, polo tanto, que o resto da familia tivera que trasladarse de residencia. Asistiu á universidade con vestimenta masculina debido á situación de desigualdade de dereitos entre homes e mulleres. Por  esta razón denuncia a situación da muller a través de diferentes obras, nas que critica que as mulleres só poidan desempeñar determinados oficios, a diferencia dos soldos entre homes e mulleres, a supeditación da muller ao home, as diferencias entre a educación de ambos xa que a das mulleres era mínima e orientada ao fogar mentres que a dos homes estaba orientada ao poder tanto na familia como na sociedade…Participa en diferentes proxectos para a educación da muller xa que culpabiliza á ignorancia das mulleres sobre os seus dereitos e defende que é necesario transformar á muller nunha muller forte e empoderada.
A preocupación pola problemática social tomou especial relevancia na primeira metade do século XIX. Todo en Concepción Arenal é cuestión social, xa que todos os ámbitos que ela aborda (como a cuestión penal, a cuestión da muller…) teñen que ver coa problemática social do seu tempo. Segundo a definición proposta por ela mesma, a cuestión social é “todo problema que para resolverse necesita auxilio da sociedade”.
 Algunhas da súas ideas con respecto á sociedade son: Resalta a pouca atención que se lles dedica aos nenos en España, denunciando a explotación e opresión que padecen no traballo. Valora positivamente os cambios sociais, xa que cre no progreso do ser humano. Non cuestiona a existencia de clases sociais. Para ela a clase media é a favorita e o modelo a seguir, e proporciona unha ideoloxía moral e relixiosa para aceptar esa división. Móstrase partidaria do liberalismo económico, criticando o laissez faire, laissez passer francés. A intervención do Estado debe ser mínima, excepto no que se refire á beneficencia. O mal social é a miseria, pero non a pobreza, xa que a miseria  pódese combater porque non é algo inevitable, mentres que a pobreza é algo natural que non se pode eliminar.
Desde finais do século XVIII houbo unha profunda transformación en toda Europa con respecto ao asunto penitenciario, onde se deixa de manter un sistema penal caracterizado pola crueldade (azotes, torturas, mutilacións corporais…) e a teatralidade (espectacularidade) para pasar a defender un sistema máis humanitario e discreto (desaparece o castigo público). Concepción Arenal  móstrase firme defensora desta reforma penitenciaria. Ela entende que a pena pode ser un medio de purificación do culpable se é ben utilizada, sen embargo, o que nunca se cuestionou é que o castigo fora por medio do encerro. Arenal  empéñase ao longo de todo o seu pensamento en substituír a coacción física por a psíquica. En 1863 foi nomeada Visitadora de prisións para mulleres, cargo creado especificamente para ela.  Nas súas visitas, Concepción Arenal  preocupouse sempre dos presos, tratando de comprendelos. Despois da súa morte atribuíselle o lema “odia o delito e compadece o delincuente”, co que resume o seu pensamento penal.
  En 1871 é nomeada secretaria da Cruz Vermella, e durante a terceira guerra carlista atenderá persoalmente aos  feridos de guerra no hospital de Miranda do Ebro.
Na súa obra La cuestión social, que inclúe Cartas a un obrero e Cartas a un señor, Concepción Arenal trata o tema da situación social de pobreza e miseria que os traballadores vivían naquela época.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Alicia López Pardo

Alicia López Pardo, mestra nada en Lugo no 1950, naceu no rural. Isto podería semellar pouco importante, pero é transcendental para entender a súa figura. Foi unha das figuras chave na defensa do rural na educación, loitando tamén pola consideración do galego nas aulas ou reivindicando o valor das mulleres. Defendeu sempre a pedagoxía Freinet, baseada na experiencia como piar fundamental da aprendizaxe. A súa creación máis importante foi o Chirlo Merlo, que se trata dun material didáctico en galego destinado a cativos de 4 e 5 anos no cal, a través de historias do rural, mellora a capacidade de lectura e escritura en lingua galega.

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...