Ir al contenido principal

Emilia Pardo Bazán


Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro de 1851 en A Coruña, froito do matrimonio formado polos Condes de Pardo Bazán.
A literatura é un dos aspectos mais importantes da biografía da autora, xa que a acompañou dende ben pequena e foi motivada polo seu pai, o cal tamén era un grande apaixonado da lectura. Cóntase de modo anecdótico que pese a súa curta idade, Emilia xa gozaba da lectura de clásicos como O Quixote ou A Ilíada.
Foi unha privilexiada da época, xa que a pesar de ser muller,e grazas as amizades de seus pais e aos numerosos viaxes que realizou con estes, puido acceder en todo momento a unha educación de calidade. 
Durante toda a súa vida, Emilia defendeu a necesidade de modernizar a sociedade española. Unha das súas maiores loitas foi para acadar que as mulleres puideran ter as mesmas oportunidades educativas e os mesmos dereitos que os homes. Outro dos temas en relación as mulleres moi criticado pola autora foi o tema da violencia de xénero, que sentencia dicindo ‘A lenidade con esta clase de crimes é grande. Sae bastante barato dar morte a unha muller’.
En referencia ao ámbito literario, era unha muller ilustrada, influenciada polo naturalismo, movemento literario que ela mesma introduciu en España. Escribiu mais de 500 obras en forma de novela, contos, artigos e folletos. A súa obra mais coñecida, e na que mellor se amosa o seu estilo literario é Los pazos de Ulloa (1886).
No aspecto referido a Emilia como mestra, debemos sinalas que foi a primeira catedrática en España, ocupando un posto na cátedra de Linguas Neolatinas da Universidade Central.
As súas clases non eran obrigatorias e aínda que o primeiro día acudiu unha grande cantidade de alumnado, pouco a pouco o número foi diminuíndo pola presión que estaban a recibir por parte doutros compañeiros e de parte de moito profesorado.
Pouco a pouco, Dona Emilia quedou sen alumnos na aula. Algunhas fontes aseguran que o bedel do edificio asistía as explicacións dela asegurando que ‘deixar que esa cátedra se extinguise por falta de alumnado sería unha vergoña nacional’. Deste modo Emilia alargou a súa estancia na Universidade ata que o home faleceu e ela quedou sen alumnado, e viuse obrigada a abandonar a Universidade.
Faleceu a idade de 70 anos a causa dunha gripe e unha complicación da diabete que padecía. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xesús Rodríguez Jares

Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...