Ir al contenido principal

Frei Martín Sarmiento - Pedro José García Balboa


Frei Martín Sarmiento viviu a súa infancia en Pontevedra ata 1710 que ingresa na Orde Beneditina no convento de San Martín de Madrid. A súa carreira eclesiástica pode dividirse en tres períodos, o primeiro (1711-14) transcorre no colexio de Irache, en Navarra, onde cursa Artes e Filosofía. O segundo (1714-17), vai a Salamanca, onde cursa Teoloxía. E o último (1717-1720), ten lugar en Exlonza (León), onde realiza as prácticas de docencia (‘pasantía de artes’). Os cinco anos seguintes traballa en Asturias como docente, nos conventos de Celorio en Llanes e en 1723 instálase no convento de San Vicente de Oviedo.
Neste último convento coñece ao abade Benito Feixoo, o cal destaca pola súa loita en contra das crenzas e da superstición atopándose nun momento crucial da súa carreira literaria xa que publica o primeiro tomo de Teatro Crítico Universal, libro onde critica os aspectos mencionados anteriormente. A obra publicada por Feixoo tivo moitas críticas, o padre Sarmiento defendeuno presentando o seu escrito Demostración critico-apologética de El Teatro Crítico Universal, que dio a luz el R.P.M.Fr.Benito Gerónymo Feyjoo, que foi o único libro publicado en vida.
Os traballos máis importantes deste período viran arredor de catro temas: filoloxía galega, arquivos e bibliotecas, historia e agricultura, e botánica.. Con relación ao primeiro tema salienta a recolla de materiais lingüísticos galegos (vocábulos antigos e modernos, topónimos, antropónimos), tanto da documentación medieval como, sobre todo, dos diarios e enquisas realizadas nas súas viaxes. Interesáballe moito a lingua xa que estaba convencido de que gran parte da poboación non coñecía o significado de moitas palabras. Estudou as relacións entre as distintas linguas, derivadas do latín, que el coñecía, realizando varios traballos e converténdose nun verdadeiro precursor dos estudos de lingüística románica. Sarmiento sentiu moito interese no galego e foi unha das primeiras voces en reivindicar a valía do galego para se expresar en todos os ámbitos, dende o ensino e a administración á liturxia, pensaba que o galego debía ser ensinado nas escola, xa que é necesario que o neno entenda a lingua na que se lle está ensinando para que poida aprender, e que os curas debían sabelo para confesar aos seus feligreses. Sarmiento foi considerado non só o fundador da Filoloxía galega , senón un dos lingüistas máis orixinais e importantes da Europa do século XVIII.
Intentou achegar o saber ao pobo e realizou unha gran labor como docente, algunhas das características como profesor son: crítica da educación tradicional, defensa da educación das mulleres, importancia na formación do profesorado...

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xesús Rodríguez Jares

Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...