Ir al contenido principal

Antía Cal Vázquez


Antía Cal Vázquez naceu o 18 de abril de 1923 na Habana, Cuba. Filla dunha familia de emigrantes orixinaría de Lugo, volve a Galicia con nove anos e, en 1941 empeza os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que xa sentía devoción pola profesión docente desde un inicio, este interese faise maior tras a unha viaxe a Xenebra que lle permitiu entrar en contacto coa metodoloxía de Pestalozzi, onde coñeceu a un catedrático que lle abriu os ollos sobre a importancia da educación infantil e púxoa en contacto cunha experta en educación da que tomou a idea da importancia da educación en inglés. Así, grazas a estas influenzas, en setembro de 1961 abriu o colexio Rosalía de Castro (medio de difusión progresista das novas tendencias pedagóxicas) no que se impartía unha educación laica, mixta, igualitaria e aberta.  Esta escola tamén se caracteriza polo ensino en inglés e galego e a escolarización dos nenos e nenas na educación infantil. A maioría do ex-alumando do centro aseguran que este era un centro de ambiente familiar onde se lles ensinaba a pensar e a ter espírito crítico. Ademais, tamén fomentaba a creatividade, o amor pola natureza e o traballo en equipo.

Esta longa carreira deulle a oportunidade de escribir diversas obras enmarcadas dentro do eido educativo, como O libro dos nenos, O arte e as súa historia... Toda esta labor cultural foi galardoada en numerosas ocasións con diferentes premios, como o premio Trasalba (2012) ou o recente premio Otero Pedrayo (2018).

Despois de case trinta anos adicada a profesión docente, retirouse en 1988 deixando una pegada de importante repercusión no ámbito educativo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Alicia López Pardo

Alicia López Pardo, mestra nada en Lugo no 1950, naceu no rural. Isto podería semellar pouco importante, pero é transcendental para entender a súa figura. Foi unha das figuras chave na defensa do rural na educación, loitando tamén pola consideración do galego nas aulas ou reivindicando o valor das mulleres. Defendeu sempre a pedagoxía Freinet, baseada na experiencia como piar fundamental da aprendizaxe. A súa creación máis importante foi o Chirlo Merlo, que se trata dun material didáctico en galego destinado a cativos de 4 e 5 anos no cal, a través de historias do rural, mellora a capacidade de lectura e escritura en lingua galega.

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro de 1851 en A Coruña, froito do matrimonio  formado polos Condes de Pardo Bazán. A literatura é un dos aspectos mais importantes da biografía da autora, xa que a  acompañou dende ben pequena e foi motivada polo seu pai, o cal tamén era un grande  apaixonado da lectura. Cóntase de modo anecdótico que pese a súa curta idade, Emilia xa  gozaba da lectura de clásicos como O Quixote ou A Ilíada. Foi unha privilexiada da época, xa que a pesar de ser muller,e grazas as amizades de seus  pais e aos numerosos viaxes que realizou con estes, puido acceder en todo momento a  unha educación de calidade.  Durante toda a súa vida, Emilia defendeu a necesidade de modernizar a sociedade  española. Unha das súas maiores loitas foi para acadar que as mulleres puideran ter as  mesmas oportunidades educativas e os mesmos dereitos que os homes. Outro dos temas  en relación as mulleres moi criticado pola auto...