Ir al contenido principal

Alfonso Blanco Torrado



Alfonso Blanco Torrado nace no ano 1950 en Montevideo e emigro, catro anos despois, a Galiza cos seus pais. A súa profesión principal é a de cura, que exerce actualmente en Guitiriz. Sen embargo, esta non é a única xa que, tamén desempeña a labor de mestre, ensaísta e dinamizador social e cultural galego. A súa desinteresada implicación coa mocidade levouno a converterse no fillo adoptivo de Guitiriz, onde anualmente ten lugar un dos festivais máis coñecidos da nosa terra. Este achegamento coa xente nova, fixo que Alfonso Blanco realizara unha enorme crítica a aquelas persoas que xulgan á xuventude e non repara en afirmar: “Cabréanme os que falan da mocidade coma se fose unha gripe que compre superala axiña, reducindo o seu caudal humano, mesmo arestora enviándoos á emigración e privando a Galiza do seu alento”.
Moito do seu tempo tamén o destina a ocuparse da Asociación Cultural Xermolos, asociación que el mesmo creou a partir da idea que tiña de facer xuntanzas semanais de tipo cultural. Esta asociación creada a finais dos anos setenta está axudando ao desenvolvemento cultural de toda a parroquia, pero especialmente ás mozas e mozos.
Como amante da literatura que Alfonso é, sentiu a necesidade dunha biblioteca preto, mais como non a había, decidiu crear unha el, coa axuda do pobo e da asociación Xermolos, a Biblioteca Pública Xermolos, que foi crecendo paulatinamente ata chegar a día de hoxe, onde conta con máis de seis mil obras e case cincuenta enciclopedias.
A última das súas creacións, sendo quizais a máis mediática, é o festival de Pardiñas. Celébrase anualmente o primeiro fin de semana de agosto e conta a día de hoxe con 39 edicións. Neste festival, con colaboracións con outras asociacións como a Asociación de Gaiteiros Galegos, búscase unha vez máis a achega da cultura ao pobo, podendo participar este incluso como protagonista nas súas actividades.
Con todo, Alfonso Blanco, pon o seu gran de area na educación e define a esta última como un acompañamento da persoa que endexamais remata así como unha capacidade que podemos exercer todos e todas. É por isto que tan só se considera educador no ámbito de prestar axuda aos veciños e veciñas para crear o seu propio camiño cara o futuro, pero non se define como educador dende unha perspectiva profesional. De igual xeito, non ten reparo en afirmar que algo erra no sistema educativo. O propio Alfonso di: “Sobre todo, nos centros de ensino temos que traballar considerando que hai varias intelixencias e tamén a importancia das emocións para a  persoa. Compre esquecernos de tanta memorización ou chapatoria e abrirnos ó mundo emocional de cada individuo para non marxinar a moitas e moitos alumnos que ollan a vida con outra sensibilidade”. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Alicia López Pardo

Alicia López Pardo, mestra nada en Lugo no 1950, naceu no rural. Isto podería semellar pouco importante, pero é transcendental para entender a súa figura. Foi unha das figuras chave na defensa do rural na educación, loitando tamén pola consideración do galego nas aulas ou reivindicando o valor das mulleres. Defendeu sempre a pedagoxía Freinet, baseada na experiencia como piar fundamental da aprendizaxe. A súa creación máis importante foi o Chirlo Merlo, que se trata dun material didáctico en galego destinado a cativos de 4 e 5 anos no cal, a través de historias do rural, mellora a capacidade de lectura e escritura en lingua galega.

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...