Ir al contenido principal

Xabier P. Docampo


Xabier Puente Docampo nace en Rábade (Lugo) o 5 de abril de 1946 e morre n’A Coruña o 26 de xuño de 2018 con 72 anos de idade. Foi mestre, escritor, contacontos e actor. Promoveu a lingua e a cultura galega, así como a lectura nas bibliotecas escolares.

A súa infancia marcou a súa carreira literaria, pois estivo en contacto por medio dos seus pais coa literatura oral. Trasládase a Coruña para estudar bacharelato e maxisterio. Tras finalizar os seus estudos, tivo unha inminente inserción laboral, comezando así outra etapa na súa vida, a labor docente.

A súa metodoloxía na aula estivo vinculada aos movementos de renovación pedagóxica, en concreto á asociación fundada en Santiago de Compostela en 1983: A Nova Escola Galega. 


Dentro da Nova Escola Galega participa na Revista Galega de Educación. Participa noutras revistas fora da Nova Escola Galega, como en “Fadamorgana”. Participa no proxecto “Preescolar na casa”, e estivo implicado na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Era un gran defensor da presencia dos libros como ferramenta educativa escolar e social, exerceu de contacontos promovendo a literatura oral en lugares que fomentan a lectura.

A principal aportación de Xabier Docampo á pedagoxía galega foi a elaboración de material didáctico para o ensino da lingua galega, a través de libros de texto escolares e de libros adicados a lectores dunha idade infantil e xuvenil, polos que tivo un grande recoñecemento: “O misterio das badaladas”, “Cun ollo aberto e outro sen cerrar”, “A chave das noces”, “Cando petan na porta pola noite”, “Catro cartas”, “A casa da luz” (adaptada ao cine), “A nena do abrigo de astracán”.

O premio máis relevante que recibiu foi o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, outorgado en 1995.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Alicia López Pardo

Alicia López Pardo, mestra nada en Lugo no 1950, naceu no rural. Isto podería semellar pouco importante, pero é transcendental para entender a súa figura. Foi unha das figuras chave na defensa do rural na educación, loitando tamén pola consideración do galego nas aulas ou reivindicando o valor das mulleres. Defendeu sempre a pedagoxía Freinet, baseada na experiencia como piar fundamental da aprendizaxe. A súa creación máis importante foi o Chirlo Merlo, que se trata dun material didáctico en galego destinado a cativos de 4 e 5 anos no cal, a través de historias do rural, mellora a capacidade de lectura e escritura en lingua galega.

Xesús Rodríguez Jares

Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...