Xoán Viqueira, nado no 1886 en Madrid e finado en Bergondo con tan só 38 anos de idade, foi un filósofo, psicólogo, tradutor, escritor e pedagogo galego. Trátase dunha figura chave do humanismo galego do século pasado. No eido educativo, Viqueira defendeu a galeguización da escola, sendo a primeira persoa en elaborar un plan educativo interal na nosa lingua. Alén disto, loitou pola modernización do ensino, defendendo un activismo didático e unha psicopedagoxía renovada. Estivo moi vencellado ás Irmandades da Fala na etapa final da súa vida, na Coruña. Chegou a ser presidente e deixou a súa pegada en revistas como A Nosa Terra. É importante salientar que certos artigos sobre ortografía de Viqueira fan que algúns o consideren o pai do movemento reintegracionista.
Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...

Comentarios
Publicar un comentario