Ir al contenido principal

Xesús Rodríguez Jares


Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigando o medio. Jares tamén reivindicaba unha escola pública, laica, integradora de crenzas e cultura e que se transmitisen valores democráticos nos centros escolares. 

Unha das súas maiores achegas na educación foi a creación e coordinación do grupo de Educadores para a paz da Nova Escola Galega nos anos 80. Xesús tivo un carácter pioneiro xa que cando ninguén falaba de educación para a paz en España, el abre esta vía de traballo nova e innovadora que trataba temas relacionados coa mellora da convivencia escolar e como buscar ferramentas para afrontar os conflitos. 

Unha das achegas escritas máis importantes deste pedagogo foron as Carpetas Vermellas , eran uns documentos que acompañaron á reforma educativa dos anos 70 e recollían aspectos como os contidos, obxectivos e metodoloxía da educación para a paz e, ademais, naquel momento incorpórase por primeira vez a educación para a paz como obrigatoria no currículo coa materia de cidadanía. 

Xunto con Manuel Dios, concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela, crean a rede estatal de investigación para a paz, chamada AIPAZ, que xuntaba a grupos de educación e de investigación para a paz de todo o estado. 

Coa chegada do PP suprímese a materia de cidadanía como obrigatoria e queda reducida a unha materia optativa. Con todo, para Jares a educación para a cidadanía debía ser considerada unha cuestión de estado como o era a educación en xeral. Por iso, revélase en varios xornais e revistas manifiestando a necesidade de formar persoas autónomas e responsables, con capacidade de decisión e reflexión. Por iso a materia de cidadanía era necesaria xa que trataba a convivencia democrática, é dicir, a resolución non violenta dos conflitos e por tanto impulsaba a cultura da paz. Hoxe en día estase tentado crear unha materia específica que aínda que non sexa cidadanía que sexa unha que introduza os valores que trataba Jares. 

Comentarios