Ensaísta, orador, escritor, mestre de instituto e universidade, tivo una vida intelectual polifacética, enormemente marcada polo seu profundo compromiso coa profesión e as súas orixes culturais. Apuntou maneiras dende o seu paso pola universidade, primeiro en Madrid ou Salamanca e logo en Santiago, onde estudou Letras. Este primeiro contacto co mundo da xuventude máis activista, deu pé ao desenvolvemento da súa ideoloxía marxista, que casaba de marabilla co seu espírito idealista e a fervente paixón por Galiza. Así, este sentimento abandeiraría tódo-los seus aspectos vitais, competéndonos a nós lembrar especialmente, a súa influencia na práctica docente, que queda impregnada por ambos. Porén, cabe destacar que rexeita todo afán de adoutrinamento do alumnado en calquera ámbito, en beneficio do posicionamento persoal e crítico, e da importancia da defensa do que un pensa. De aparencia distante, conseguía engaiolar coa forza das súas verbas ao seu alumnado, dende un emprego exquisito das mesmas, digno de rigor científico.
Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...

Comentarios
Publicar un comentario