Ir al contenido principal

Vicente Risco


Vicente Risco naceu no 1884 en Ourense e faleceu no 1963 no mesmo lugar. É moi coñecido sobre todo pola súa actividade política, na que formou parte de diferentes partidos políticos; por ser membro das Irmandades da Fala e da Xeración Nós; e por último por ser escritor.

Pero neste caso imos falar sobre as súas contribucións á pedagoxía, que se basean na defensa da introdución da lingua galega na escola e o ensino das cousas da Terra.

Risco dirixiu a Escola Normal de Mestres, e estaba entregado a formar mestres no coñecemento e orgullo da realidade galega, capaces de levar o seu amor pola terra galega as súas clases. Isto garantía a conservación da cultura do pobo galego, nun momento onde o problema máis grande de Galiza era o perigo da existencia do galego e a constante desgaleguización.

Non só elabora o "Plan pedagóxico para galeguización das escolas", senón que tamén leva a cabo unha sección na revista Nós que pretendía ser un instrumento de propaganda para mellorar a eficacia educativa e galeguizante das escolas. En canto ao Plan pedagóxico para galeguización das escolas, contribuíu para informar ao mundo do proceso de adaptación escolar; e aportaba algo novo en canto a criterios pedagóxicos. Está dividido en sete apartados: o edificio escolar, a escola por dentro, a vida na escola, o escolante, os métodos de ensino, e sobre todo a importancia do galego na escola e o ensino das cousas da Terra.

Risco, defendeu e loitou por un ensino en galego, para que así os coñecementos adquiridos polos nenos/as fosen comprensibles a súa mente xa que era a lingua na que pensaban. O desprezo da lingua galega supón o desprezo da Terra e o desapego a ela. Suprimir o galego equivale a condenar a morte o noso pensamento e a literatura.

Ademais, o estudo das cousas da terra no idioma propio era unha das súas grandes preocupacións, polo que o sentimento da Terra é a base da educación para desenvolver un afecto cara a natureza. Impartindo un ensino interdisciplinario e globalizado, introducindo as saídas de campo como recurso didáctico.

Neste plan pedagóxico dáballe especial importancia ao aspecto físico do edificio e á necesidade duns colexios que foran familiares para os rapaces, para que así non chocaran coas súas costumes. Non obstante, encontrar un lugar adecuado para un ensino de calidade era unha tarefa custosa e difícil. O plan de construción de escolas por parte do Estado non chegou ás aldeas e os plans de construción que viñan establecidos para toda España non tiñan en conta a realidade galega e a súa climatoloxía. Debido a isto, os edificios escolares galegos debían contar cunhas características especiais.

Outros dos criterios a valorar de Risco foron a introdución da Educación Física e os xogos no programa escolar, e tiñan que ser estudados e aplicados a partir do folclore galego. Suxería no seu "Plan Pedagóxico" o emprego dos cantos do país.

Por último, destacar que para Risco o alumno é a alma da escola, e os profesores debían ter en conta os seus coñecementos previos, xa que estes serían o seu punto de partida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

María Dolores Díaz Baliño

María Dolores Díaz Baliño naceu na Coruña o día 6 de xaneiro de 1905 e morreu o 3  de Novembro de 1963. Dedicou a súa vida á pintura e á docencia, e foi a primeira  muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto con Carmen  Corredoyra. Tivo unha importante función como mestra e educadora no ámbito das artes,  chegando a ser profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Ademais, tiña unha  academia na súa vivenda. O seu alumnado estaba formado sobre todo por mulleres.  Foise pouco a pouco acercando aos movementos rexionalistas, aínda coa súa educación  e pensamento conservadores, participando en varias manifestacións. A súa obra está ubicada no Museo de Belas Artes, e nesta destacan as paisaxes. As  escenas que representaba destacaban polas cores brillantes e alegres. Hai algunhas  obras fantásticas e outras con aspectos do rexionalismo, mantendo trazos realistas.  Porén, o seu estilo destaca polo decorativismo, ...