Ir al contenido principal

Luz Pozo Garza


Mestra de instituto, poeta e defensora da nosa lingua, Luz Pozo trátase do perfecto exemplo de equilibrio entre amor pola literatura en todas as súas formas e a defensa de Galiza, incluso durante un tempo de represión cultural como foi o franquismo. Malia ensinar lingua castelá amosou unha paixón dende pequena pola poesía galega dos poetas do Rexurdimento como Rosalía e Pondal, que a levaría a escribir poemarios tamén en galego (recollidos en revistas de poesía e posteriormente no seu primeiro libro, Ánfora, en 1949 -entre outros). Non é de extrañar, polo tanto, que tivera utilizado esta mesma literatura como ferramenta a través da cal chegar ao seu alumnado para así despertar nel o interese polas letras. Adicaría as seguintes palabras ás dúas súas principais facetas, moi semellantes dende o seu punto de vista: “o profesor sensibiliza contidos e o poeta estrutura e conciencia imaxes”. Foi tamén clave o seu enxalzamento da lingua, non só a través da vía creativa, senón mediante a invitación dos seus alumnos a participar dela, tanto coma lectores coma escritores, de maneira que puideran atopar nela a función vital que para ela tiña

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

María Dolores Díaz Baliño

María Dolores Díaz Baliño naceu na Coruña o día 6 de xaneiro de 1905 e morreu o 3  de Novembro de 1963. Dedicou a súa vida á pintura e á docencia, e foi a primeira  muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto con Carmen  Corredoyra. Tivo unha importante función como mestra e educadora no ámbito das artes,  chegando a ser profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Ademais, tiña unha  academia na súa vivenda. O seu alumnado estaba formado sobre todo por mulleres.  Foise pouco a pouco acercando aos movementos rexionalistas, aínda coa súa educación  e pensamento conservadores, participando en varias manifestacións. A súa obra está ubicada no Museo de Belas Artes, e nesta destacan as paisaxes. As  escenas que representaba destacaban polas cores brillantes e alegres. Hai algunhas  obras fantásticas e outras con aspectos do rexionalismo, mantendo trazos realistas.  Porén, o seu estilo destaca polo decorativismo, ...