Ir al contenido principal

Ermitas Fernández Fernández


Nace en 1945 En Vilar de Cas (Lugo). Durante a súa época estudantil afirma que as súas clases eran aburridas  e que non lle despertaron ningún tipo de vocación. A súa  vocación nace ao chegar ao seu primeiro destino como docente en Maderne, A fonsagrada. Aquí imparte clase a 52 nenos de todas as idades nuhna mesma clase. Naquel momento  encóntrase con mestres de Acción Católica, que poseen  unha orientación profesional innovadora  e  Ermitas empeza  a converter  a aula nun espazo de liberdade a través da conversación e o diálogo. 

Co  programa  Preescolar na casa, Ermitas recorre toda Galicia. Este tiña como obxetivo disminuir a situación de desvantaxe das aldeas galegas. En 2001, Preescolar na casa  constitúese como fundación e Ermitas asume o cargo de directora executiva. 
No  ano 2004, ao programa incorpóraselle outro patrocinado por dúas consellerías: Familia e Educación, pasándose a chamar: Preescolar na casa. Educar en Familia. É  neste momento no que Ermitas establece a relevancia  do papel da familia na educación dos  primeiros anos da vida dos nenos e nenas. 

Ermitas destaca tamén por formar parte das 30 docentes máis innovadoras da escola española durante a segunda república, franquismo e ata os primeiros anos do  s. XXI, sendo destacadas na revista Cadernos de Pedagogía. 

En canto aos aportes  na educación, para Ermitas  os entornos rurales son un medio rico e estimulante para a aprendizaxe. 

Traballa con antiguos alumnos que abandonaron a escola nas chamadas actividades de noite. Nestas actividades os pais deixan ir aos rapaces pero son moi reticentes a que as rapazas saian de noite, é por esta razón que Ermitas se integra nestas actividades para evitar que as nenas queden na casa. Pouco a pouco empézanse a notar cambios de mentalidades favorables as mulleres. 
A parte destas actividades de noite, Ermitas tamén traballa cos pais no programa Extensión agraria, cuxo obxetivo é ofrecer actividades destinadas a mellorar o seu nivel cultural, tamén loita para acabar coa discriminación e a falta de integración das mulleres nesas actividades.  

Como xa dixemos, Ermitas centra todo o seu esforzo en demostrar a importancia dos primeiros anos do desenvolvemento  do ser humano e para eso, reúnese cos  pais e fillos para demostrarlles que mediante situacións de actividade e xogo, poden aproveitar o cotián  para lograr que os seus fillos aprendan a observar, falar, pensar, adquirir hábitos e  crear a  súa  propia identidade. 
En relación con esto, esta pedagoga apostaba por unha  maternidade e paternidade responsable xa que establece que a educación do ser humano debe empezar antes do seu nacemento, é decir, é  necesario que os pais tomen conciencia da  súa  actitude antes da chegada dun fillo xa que esto ten vital importancia no que sucederá despóis. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

María Dolores Díaz Baliño

María Dolores Díaz Baliño naceu na Coruña o día 6 de xaneiro de 1905 e morreu o 3  de Novembro de 1963. Dedicou a súa vida á pintura e á docencia, e foi a primeira  muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto con Carmen  Corredoyra. Tivo unha importante función como mestra e educadora no ámbito das artes,  chegando a ser profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Ademais, tiña unha  academia na súa vivenda. O seu alumnado estaba formado sobre todo por mulleres.  Foise pouco a pouco acercando aos movementos rexionalistas, aínda coa súa educación  e pensamento conservadores, participando en varias manifestacións. A súa obra está ubicada no Museo de Belas Artes, e nesta destacan as paisaxes. As  escenas que representaba destacaban polas cores brillantes e alegres. Hai algunhas  obras fantásticas e outras con aspectos do rexionalismo, mantendo trazos realistas.  Porén, o seu estilo destaca polo decorativismo, ...