Ir al contenido principal

Avelino Pousa Antelo


Obtén o título de Mestre en Ensinanza Primaria no ano 1935. Estivo ligado sempre ao galeguismo, levando a cabo un compromiso político activo. Despois de pasar cinco anos facendo substitucións e interinidades en lugares remotos de Lugo e Asturias, Don Avelino recibe a proposta de Antonio Fernández López de dirixir un novo proxecto, a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros situada en Sarria. A Granxa-Escola créase no 1948, era gratuíta e unisex. Alí acudían rapaces e tamén adultos das parroquias de Ortoá, Meixente, Maside e Barbalelo. Avelino Pousa Antelo impartía clase a uns cen rapaces ao día cumprindo fielmente o programa escolar confeccionado por el mesmo. Este plan de traballo consistía en clases prácticas, deixando así de lado o antigo modelo de clases maxistrais, daba aos rapaces unha educación para a vida, durante a semana facían prácticas agrícolas, levaban a cabo plantacións, fertilización de cultivos, avicultura, elaboración de manteiga e queixo… e aos sábados organizaba charlas para todos os públicos, nas que proxectaba películas. Foi importante na granxa-escola a axuda de Nora, a súa muller, quen daba clases de cociña e costura. Don Avelino vía na educación o motor para mellorar a calidade de vida e a sociedade de Galicia. Promoveu unha educación dende as artes (valorando a creatividade) e xunto a Xesús Rodríguez Jares levou a cabo unha educación para a paz para conseguir persoas críticas. Foi pioneiro dun ensino rigoroso dende unha ética solidaria co pobo. A súa metodoloxía pedagóxica estaba baseada en xuntar pequenas cooperativas na dinámica das clases, para así fomentar a cooperación fronte a competitividade. 
Avelino colaborou con colectivos feministas e recibiu ao longo da súa vida varios premios como escritor e coma mestre.No ano 1955 é destinado a Tenerife, onde compaxina a docencia coa súa investigación en temas agrícolas e a realización de ensaios de selección. Recoñéceselle como “Mestre de Galicia” porque dedicou a súa práctica ao noso, ligando a educación ao medio, buscando a educación liberadora das persoas. O trato cos seus alumnos era grato, buscaba neles a súa interacción e responsabilidade.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Alicia López Pardo

Alicia López Pardo, mestra nada en Lugo no 1950, naceu no rural. Isto podería semellar pouco importante, pero é transcendental para entender a súa figura. Foi unha das figuras chave na defensa do rural na educación, loitando tamén pola consideración do galego nas aulas ou reivindicando o valor das mulleres. Defendeu sempre a pedagoxía Freinet, baseada na experiencia como piar fundamental da aprendizaxe. A súa creación máis importante foi o Chirlo Merlo, que se trata dun material didáctico en galego destinado a cativos de 4 e 5 anos no cal, a través de historias do rural, mellora a capacidade de lectura e escritura en lingua galega.

Xesús Rodríguez Jares

Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...