Ir al contenido principal

Antonio Fraguas Fraguas



A personalidade de don Antonio caracterizouse por unha fonda humanidade; o trato afectuoso, a xenerosidade, a riqueza e amenidade da súa conversa, adobada polo preciosismo dunha linguaxe netamente popular -lémbrese que sempre reivindicou a súa orixe aldeá-, a amplitude duns coñecementos que sabía transmitir de xeito natural afastado de toda afectación, son trazos que definen un mestre cun perfil humano de calidade extraordinaria.

Don Antonio Fraguas é unha das persoas que, desde o primeiro momento (xaneiro de 1976) figuran como promotoras do Padroado do Museo do Pobo Galego. Isto foi así en razón da súa traxectoria como membro da xeración de galeguistas históricos que formaran parte do Seminario de Estudos Galegos, abolido por orde gobernativa en 1936; en 1943 integrouse no Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento”, que recolleu en parte o patrimonio, os membros e as finalidades do Seminario.

O Padroado do Museo do Pobo Galego fúndase en asemblea constituínte o 31 de xullo de 1976, baixo a presidencia de don Xaquín Lorenzo Fernández, e noméase director do museo a don Antonio Fraguas. Ao falecer don Xaquín, en 1989, don Antonio é elixido como presidente do Padroado, cargo no que permanecerá ata o seu falecemento.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

María Dolores Díaz Baliño

María Dolores Díaz Baliño naceu na Coruña o día 6 de xaneiro de 1905 e morreu o 3  de Novembro de 1963. Dedicou a súa vida á pintura e á docencia, e foi a primeira  muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto con Carmen  Corredoyra. Tivo unha importante función como mestra e educadora no ámbito das artes,  chegando a ser profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Ademais, tiña unha  academia na súa vivenda. O seu alumnado estaba formado sobre todo por mulleres.  Foise pouco a pouco acercando aos movementos rexionalistas, aínda coa súa educación  e pensamento conservadores, participando en varias manifestacións. A súa obra está ubicada no Museo de Belas Artes, e nesta destacan as paisaxes. As  escenas que representaba destacaban polas cores brillantes e alegres. Hai algunhas  obras fantásticas e outras con aspectos do rexionalismo, mantendo trazos realistas.  Porén, o seu estilo destaca polo decorativismo, ...