Ir al contenido principal

Agustín Fernández Paz


Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947 y faleceu en Vigo en 2016. É un dos  escritores máis valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil e un docente que loitou para conseguir unha escola cunha educación inclusiva e democrática.
Comeza estudando aos catorce anos Perito Industrial Mecánico, sen embargo, grazas a compañeiros, empeza a tomar contacto con publicacións en galego que lle fan interesarse polo mundo das letras e en concreto, pola pedagoxía. Por esta razón decide licenciarse en Filosofía e Ciencias da Educación, comeza estudando en Barcelona e anos despois terminará os seus estudos de Maxisterio en A Coruña, é alí onde comeza a traballar como docente e  onde encontra certa liberdade para poñer en marcha un equivalente en pedagoxía ao Plan Dalton, unha teoría e ensinanza de aprendizaxe individualizada, que se caracteriza por estimular a auto aprendizaxe, desta forma cada alumno ía ao seu ritmo, unha parte da  realización fíxoa en galego, polo que  nesta etapa pódese dicir que Agustín xa estaba plenamente asentado no ámbito cultural galego. Posteriormente traballa no colexio Raquel Camacho situado no País Vasco durante dous anos e retorna a Galicia no ano 1979. En Mugardos comeza o seu labor pedagóxico renovador moi influído polos Movementos Freinet, esta pedagoxía defende diversas técnicas para concederlle ao alumnado liberdade e protagonismo co fin de adquirir unha aprendizaxe crítica e sólida no tempo, estas baséanse na expresión, cooperación e investigación do entorno. Algunhas das prácticas asociadas a esta pedagoxía foron por exemplo a instalación dunha imprenta de xelatina na aula para a realización dun periódico escolar e unha biblioteca de aula; ademais impartiu clases tanto en galego coma en castelán e a título experimental, pola inexistencia de material didáctico en galego, comeza a facer follas ciclostiladas, o primeiro traballo de creación sistemática que fai, en forma de narración por secuencias con protagonistas nacidos en Mugardos, co fin de facelas máis cercanas ao alumnado, loitando así contra a escola tradicional que non apreciaba o galego. Con relación á tarefa de elaborar material didáctico innovador e en galego crean en Ferrol o chamado Grupo de Mestres Avantar axudando así a crear una infraestrutura galega. Anos máis tarde convértese nun “profesor de profesores” no que se refire á práctica e ensinanza da lingua galega impartindo cursos por toda Galicia e obtén o diploma de Profesor Especialista en Lingua Galega da Xunta de Galicia. Participa tamén activamente na creación do movemento pedagóxico da “Nova Escola Galega” e foi o encargado de facer os cambios pertinentes para adaptar o sistema educativo de Galicia e a materia de Lingua Galega e Literatura para pasar da EXB (Educación Xeral Básica, o último curso da cal foi o 1996/1997) á Educación Primaria e Educación Secundaria. En 1993,  trasládase a Vigo coa súa familia e obtén a praza no colexio Igrexa-Valadares e é elixido para o posto de Coordinador Docente do galego. Dous anos máis tarde, ingresa no Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria, pasando desta forma da educación primaria á secundaria, onde permanecerá hasta a súa xubilación en 2007, poñendo fin así á súa carreira como docente.
Cabe destacar a importancia que lle concedeu desde o seu papel como docente á lectura defendendo novas modalidades gráficas como complemento ao libro tradicional, como por exemplo o cómic, e implantando unha biblioteca de aula. E como escritor elaborou literatura para á infancia vinculada ao proceso histórico de escolarización e ao recoñecemento do lector infantil, incluíndo textos que desen a coñecer obras literarias escritas en galego. Algúns exemplos son “As flores radioactivas” ou “Escola de piratas”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Xesús Rodríguez Jares

Jares nace 1955 en Viana do Bolo (Ourense). Ao longo da súa vida dedicouse por completo ao ensino exercendo como mestre de ensino básico e secundario, despois como profesor e catedrático de didáctica e organización escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A primeira escola onde exerce a súa profesión é en Montederramo, na que daba clase a 10 nenos de varios cursos. Naqueles anos non estaba permitido impartir as clases en galego e é por iso que os seus alumnos sorpréndense xa que Jares o primeiro día fálalles en galego e pide que o chamen polo seu nome de pila. Por aquela época estaba moi influenciado polo pensamento da Escola Nova e Escola Moderna pero decide non poñelos en práctica xa que ao non estar permitido o uso da lingua materna nas clases prefería non ter que dar explicacións. Con todo, a pesar de todos estes problemas, tentou levar a cabo unha educación liberadora e as súas clases afastábanse do convencional xa que traballaba investigan...

Antonia De la Torre Martínez

Aínda que pasan os anos, hai persoas que deixan rastros que perduran ao longo do tempo. Este é o caso de Antonia de la Torre. Esta muller deixou unha marca moi importante na pedagoxía galega. Antonia de la Torre naceu o 21 de maio do ano 1894 en Porto do Son (A Coruña) e morreu o 22 de agosto de 1969 en Noia, onde pasou os seus últimos 5 anos de vida rodeada de admiración, cariño e amizade da súa xente deixando un gran legado pedagóxico no sector educativo. En Fruime, unha pequena vila montañosa situada na cunca do río Beluso na Galicia rural, os habitantes aínda o recordan como un docente inesquecible, médico, conselleira, traballadora social, etc. Os habitantes máis pequenos din que, aínda que non a coñecen, téñena no seu recordo porque deixou unha pegada que é difícil de borrar. Os habitantes definen a Antonia como unha profesora metódica, disciplinada, directa, solidaria, xusta, entusiasta, amable e defensora da xustiza... Antonia fixo un traballo anónimo como moitos...

Xosé Ramón Fernández-Oxea - Ben Cho Shey

Xosé Ramón Fernández-Oxea, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, naceu no 1896 (Ourense), e morreu no 1988 (Madrid). O seu alcume tan peculiar débese a que, cando foi recrutado na guerra contra Marrocos, enviaba crónicas ao diario La Zarpa asinados con este pseudónimo, coa idea de facerse pasar por árabe e esconder a súa presenza ao exército español.  Cando regresou a Galicia, obtivo o título de mestre nacional. Traballou en lugares coma Cariño ou Santa. Marta de Moreiras. Ademais, foi un dos primeiros intelectuais que estudou en maior profundidade e rigor o oficio e a fala dos afiadores, o denominado barallete. Pasado un tempo foi nomeado presidente do Partido Galeguista, o que provocou, coa chegada da Guerra Civil, o seu desterro a Cáceres, onde tivo que pasar 14 anos ata poder cambiar de destino profesional. Tras esta pequena introdución biográfica, imos falar das súas contribucións ao marco pedagóxico. Ben-Cho-Shey viuse, dende ben pequeno, moi influenciado pola labor ped...