Ir al contenido principal

Entradas

Xabier P. Docampo

Xabier Puente Docampo nace en Rábade (Lugo) o 5 de abril de 1946 e morre n’A Coruña o 26 de xuño de 2018 con 72 anos de idade. Foi mestre, escritor, contacontos e actor. Promoveu a lingua e a cultura galega, así como a lectura nas bibliotecas escolares. A súa infancia marcou a súa carreira literaria, pois estivo en contacto por medio dos seus pais coa literatura oral. Trasládase a Coruña para estudar bacharelato e maxisterio. Tras finalizar os seus estudos, tivo unha inminente inserción laboral, comezando así outra etapa na súa vida, a labor docente. A súa metodoloxía na aula estivo vinculada aos movementos de renovación pedagóxica, en concreto á asociación fundada en Santiago de Compostela en 1983: A Nova Escola Galega.  Dentro da Nova Escola Galega participa na Revista Galega de Educación. Participa noutras revistas fora da Nova Escola Galega, como en “Fadamorgana”. Participa no proxecto “Preescolar na casa”, e estivo implicado na creación da Asociación Galega do L
Entradas recientes

Antía Cal Vázquez

Antía Cal Vázquez naceu o 18 de abril de 1923 na Habana, Cuba. Filla dunha familia de emigrantes orixinaría de Lugo, volve a Galicia con nove anos e, en 1941 empeza os seus estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que xa sentía devoción pola profesión docente desde un inicio, este interese faise maior tras a unha viaxe a Xenebra que lle permitiu entrar en contacto coa metodoloxía de Pestalozzi, onde coñeceu a un catedrático que lle abriu os ollos sobre a importancia da educación infantil e púxoa en contacto cunha experta en educación da que tomou a idea da importancia da educación en inglés. Así, grazas a estas influenzas, en setembro de 1961 abriu o colexio Rosalía de Castro (medio de difusión progresista das novas tendencias pedagóxicas) no que se impartía unha educación laica, mixta, igualitaria e aberta.  Esta escola tamén se caracteriza polo ensino en inglés e galego e a escolarización dos nenos e nenas na educación infantil. A maioría do ex-alu

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro de 1851 en A Coruña, froito do matrimonio  formado polos Condes de Pardo Bazán. A literatura é un dos aspectos mais importantes da biografía da autora, xa que a  acompañou dende ben pequena e foi motivada polo seu pai, o cal tamén era un grande  apaixonado da lectura. Cóntase de modo anecdótico que pese a súa curta idade, Emilia xa  gozaba da lectura de clásicos como O Quixote ou A Ilíada. Foi unha privilexiada da época, xa que a pesar de ser muller,e grazas as amizades de seus  pais e aos numerosos viaxes que realizou con estes, puido acceder en todo momento a  unha educación de calidade.  Durante toda a súa vida, Emilia defendeu a necesidade de modernizar a sociedade  española. Unha das súas maiores loitas foi para acadar que as mulleres puideran ter as  mesmas oportunidades educativas e os mesmos dereitos que os homes. Outro dos temas  en relación as mulleres moi criticado pola autora foi o tema da violencia de xénero, que  senten

Alfonso Blanco Torrado

Alfonso Blanco Torrado nace no ano 1950 en Montevideo e emigro, catro anos  despois, a Galiza cos seus pais. A súa profesión principal é a de cura, que exerce  actualmente en Guitiriz. Sen embargo, esta non é a única xa que, tamén desempeña a  labor de mestre, ensaísta e dinamizador social e cultural galego. A súa desinteresada  implicación coa mocidade levouno a converterse no fillo adoptivo de Guitiriz, onde  anualmente ten lugar un dos festivais máis coñecidos da nosa terra. Este  achegamento coa xente nova, fixo que Alfonso Blanco realizara unha enorme crítica a  aquelas persoas que xulgan á xuventude e non repara en afirmar: “Cabréanme os que  falan da mocidade coma se fose unha gripe que compre superala axiña, reducindo o  seu caudal humano, mesmo arestora enviándoos á emigración e privando a Galiza do  seu alento”. Moito do seu tempo tamén o destina a ocuparse da Asociación Cultural Xermolos,  asociación que el mesmo creou a partir da idea que tiña de facer xuntanzas sema

Frei Martín Sarmiento - Pedro José García Balboa

Frei Martín Sarmiento v iviu a súa infancia en Pontevedra ata 1710 que ingresa na Orde Beneditina no  convento de San Martín de Madrid. A súa carreira eclesiástica pode dividirse en tres  períodos, o primeiro (1711-14) transcorre no colexio de Irache, en Navarra, onde cursa  Artes e Filosofía. O segundo (1714-17), vai a Salamanca, onde cursa Teoloxía. E o  último (1717-1720), ten lugar en Exlonza (León), onde realiza as prácticas de docencia  (‘pasantía de artes’). Os cinco anos seguintes traballa en Asturias como docente, nos  conventos de Celorio en Llanes e en 1723 instálase no convento de San Vicente de  Oviedo. Neste último convento coñece ao abade Benito Feixoo, o cal destaca pola súa loita en  contra das crenzas e da superstición atopándose nun momento crucial da súa carreira  literaria xa que publica o primeiro tomo de Teatro Crítico Universal, libro onde critica  os aspectos mencionados anteriormente. A obra publicada por Feixoo tivo moitas  críticas, o padre Sarmiento

María Dolores Díaz Baliño

María Dolores Díaz Baliño naceu na Coruña o día 6 de xaneiro de 1905 e morreu o 3  de Novembro de 1963. Dedicou a súa vida á pintura e á docencia, e foi a primeira  muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto con Carmen  Corredoyra. Tivo unha importante función como mestra e educadora no ámbito das artes,  chegando a ser profesora na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Ademais, tiña unha  academia na súa vivenda. O seu alumnado estaba formado sobre todo por mulleres.  Foise pouco a pouco acercando aos movementos rexionalistas, aínda coa súa educación  e pensamento conservadores, participando en varias manifestacións. A súa obra está ubicada no Museo de Belas Artes, e nesta destacan as paisaxes. As  escenas que representaba destacaban polas cores brillantes e alegres. Hai algunhas  obras fantásticas e outras con aspectos do rexionalismo, mantendo trazos realistas.  Porén, o seu estilo destaca polo decorativismo, nun punto medio entre modernismo e  simbolismo.

Concepción Arenal Ponte

Concepción Arenal Ponte naceu o 30 de xaneiro de 1820 nun barrio de Ferrol e faleceu en 1893 en Vigo.  O seu pai foi un liberalista que estivo en prisión por oporse ao réxime de Fernando VII, o que acelerou a súa morte. Isto provocou unha mala situación económica e, polo tanto, que o resto da familia tivera que trasladarse de residencia. Asistiu á universidade con vestimenta masculina debido á situación de desigualdade de dereitos entre homes e mulleres. Por  esta razón denuncia a situación da muller a través de diferentes obras, nas que critica que as mulleres só poidan desempeñar determinados oficios, a diferencia dos soldos entre homes e mulleres, a supeditación da muller ao home, as diferencias entre a educación de ambos xa que a das mulleres era mínima e orientada ao fogar mentres que a dos homes estaba orientada ao poder tanto na familia como na sociedade…Participa en diferentes proxectos para a educación da muller xa que culpabiliza á ignorancia das mulleres sobre os seus